27/07/2009

Teño tras de min a mirada perdida.

PERDIDA, con maiusculas.

As voces de son nun dia.

Por diante, bretemas de veráns teimudos.

Nun dia o son das voces.

Teño ao meu carón a sombra.

PERDIDA na noite.

03/12/2008

Memoria

Confidencias no medio da choiva.
Treboadas de frores brancas.
Carballas vellas, esmorecidas.
Dia de Santos, e un cabalo negro agochase na fraga.

Entre lusco e fuso, o vento rexo, a auga calma.

As follas caen ao pes do chan que pisamos.

02/12/2008

Silencio

Cae aos poucos cubrindo os nosos corpos.
Xa ven amor! Xa ven a noite.

Impetu!!!! Piso a semente de minas no agro dos elefantes.
Vou regar de morangos os teu ollos de nena perdidos.

Estou ledo, mais non sinto os sonrisos.
Son para tí; estes versos inconclusos.

13/11/2007

Tras a revolución francesa os subditos convertiron-se en cidadán. Os reis perderon literalmente a cabeza, cando menos en Francia aconteceu. Xurdiu a democrácia burguesa, rescatouse o dereito romano, criouse o estado moderno, en definitiva puxeron-se de xeito efectivo os alicerces das democracias actuais. Agora os os governantes son escollidos polo sufraxio unirversal. Mais teño unha pregunta; cantos son os caciques mentados pola gracia divina e cantos os reis escollidos polo povo?
Posiblemente todos acaben no mesmo sitio. A picota pública dos repudiados. Nin reis, sin subditos, nin estupidos. Liberdade.